A Asociación Érguete Vigo constituise no ano 1984 como iniciativa dun grupo de familias afectadas polo problema da toxicomanía, legalizándose no ano1985.O seu ámbito de aplicación é a nivel galego pero tamén se realizan intervencións a nivel nacional e internacional. A organización tamén se destaca pola loita contra o narcotráfico.Neste intre estamos insertos nun periodo de revisión dos obxectivos iniciais e da traxectoria da mesma, xa que a pesar de conseguir superar obstáculos importantes, quedan outros ós que respostar, como a consolidación de novos proxectos, a investigación das consecuencias sociais de novas sustancias, a busca da sensibilización familiar e social na prevención e inserción.Todos estes anos de loita e entrega no ámbito das drogodependencias fan da Asociación ÉRGUETE un referente a nivel estatal. Boa mostra desta loita é o Documental realizado no ano 2005 titulado NI LOCAS NI TERRORISTAS, coma tamén a película baseada na vida de Carmen Avendaño e das nais da Asociación ÉRGUETE co título HEROÍNA.

Debido á demanda que a Asociación vai recibindo na súa traxectoria, o 25 de outubro de 1989, asínase un convenio entre o P.A.D. (Plan Autonómico de Drogodependencias), Xunta de Galicia (Goberno Autónomo) e a Asociación, convenio polo que se crea o Servizo de Información e Orientación Xurídico-Social e Reinserción do Toxicómano (SIORT). Este Servizo posibilita unha atención especializada e provisional aos usuarios/as, canalizando todas as demandas dos/as afectados/as, a nivel persoal, xurídico e socio-laboral.

É un paso máis do traballo pola plena incorporación á sociedade das persoas que tiveron problemas de drogodependencia, e en xeral dos colectivos que sofren o problema de marxinación, créase no ano 1999 a FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN.

Asociación Érguete Vigo Avda.Martínez Garrido, 21 Int. Vigo (Pontevedra) 986 252 580