Pisos terapeúticos
Respiro familiar
Escola de pais
PFIS |
A Asociación Érguete Vigo, desenvolve diferentes tipos de actividades nas que destacan dentro das de carácter interno, as reunións de socios. Estas levánse a cabo unha vez ó mes, coincidindo co primeiro luns. Nestas reunións ademáis de comentar ó resumo dos acordos adoptados na xunta directiva, tamén se traballan aspetos como novas de interese xeral, problemas particulares dos socios con respecto a dificultades cos seus fillos..., en definitiva, estas reunións teñen a vocación de fomentar o debate actualizado sobre a problemática drogodependente, así como de servir de válvula de escape e apoio entre iguais das familias que padecen o problema.
Dentro de actividades externas destacan: Actos reivindicativos: ademáis de manifestos emitidos debido a feitos concretos con motivo de eventos importantes, tamén se fai escoitar a opinión e a voz da Asociación cando así se nos solicita. Participación en congresos, comunicación, e actos preventivos: A participación externa da Asociación ponse tamén en evidencia en actos con gran aforo como son congresos onde se expoñen os últimos datos dos programas ou a traxectoria reivindicativa da propia Asociación. Tamén en foros mais pequenos e sectorizados se manteñen debates e postas en común. Os actos preventivos desenvólvense durante todo o ano sobor de todo en periodo escolar, mantendo mesas redondas e talleres cos colectivos de rapaces interesados neste ámbito.
Unha vez o ano celebramos unha Cea solidaria durante a que se entregan os Premios á Solidariedade Érguete, poden visitar as fotografías da cea celebrada no 2007 premendo no botón imaxes da barra de navegación. |