A extrema complicación dos problemas derivados das drogodependencias no eido xudicial, fai que entren en funcionamento os instrumentos de asesoramento e orientación técnica e profesional que poidan dar solución ós referidos problemas.

No ano 1987 créase o SIORT (Servizo de Información e Orientación Xurídico Social de Axuda ó Toxicómano), un servicio constituído por un conxunto de profesionais en materia de adición ás drogas e en cuestións xurídicas, para orientar axeitadamente ó toxicómano e, por extensión, a súa familia, cara a súa recuperación e reinserción sociolaboral, en estreita colaboración con centros terapéuticos, unidades asistenciais, xuices, fiscais, avogados, equipos de tratamento dos centros penitenciarios, etc.

Para coñecer máis información sobre este programa, prema aquí.

siort_equipo
Asociación Érguete Vigo Avda.Martínez Garrido, 21 Int. Vigo (Pontevedra) Tlfn: 986 252 580