Presentación

A Xunta Directiva da Asociación Érguete e o Patronato da Fundación Érguete-Integración entregarán os premios Érguete Solidariedade o vindeiro 17 de outubro de 2008, no transcurso dunha cea solidaria, para agradecer a todas aquelas persoas que contribuíron a crear unha sociedade máis xusta e solidaria, para recońecer a aquelas persoas que axudaron a Érguete a crecer e manterse, e para distinguir o esforzo dos/as que desde a súa tribuna axudaron ou defenderon ás vítimas reais do narcotráfico.

X PREMIOS ÉRGUETE-SOLIDARIEDADE - 17 de outubro de 2008

ROLDA DE PRENSA
Lugar: Avenida Martínez Garrido, 21, interior de Vigo
17:00 h. Visita dos/as galardonados/as ás nosas instalacións, talleres, etc.

PREMIADOS/AS 2008:
- Premio Comunicación Solidaria, D. Manuel Veiga Taboada. Xornal A Nosa Terra
- Premio Profesional Solidario, D. Emilio Calatayud. Xuíz de Menores de Granada
- Premio Entidades Solidarias, UAD Cedro e UAD Alborada de Vigo
- Premio Solidariedade Persoal, D. Emiliano De Tapia Capellán do Centro Penitenciario de Topas e Coordinador da Asociación del Desarrollo Comunitario de Buenos Aires
- Premio Solidariedade Nacional, Dna. Mercedes Gallizo, Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias

17:30 h. Rolda de Prensa

ACTO ENTREGA X PREMIOS ÉRGUETE SOLIDARIEDADE
Lugar: Restaurante Don Pepe, Carretera Camposancos, 347 (Vigo)
21:30 h. Entrega dos X Premios Érguete-Solidariedade, unha escultura orixinal e numerada realizada polo escultor José A. Álvarez “Tetuán”.
22:00 h.Cea á que asisten os/as premiados/as, premiados/as de anos anteriores, familias e membros da Asociación e Fundación Érguete-Integración, así como autoridades políticas, sociais e culturais de Galicia.

Máis información nos teléfonos 986 252 580 / 986 253 176 e nas páxinas web www.erguetevigo.org e www.fundacionerguete.org

Premios X Edicion
Asociación Érguete Vigo Avda.Martínez Garrido, 21 Int. Vigo (Pontevedra) Tlfn: 986 252 580